27 abr 2017

OBRADOIROS PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA E CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O 24 de Abril, en Leiro todo o centro celebrou os maios e tamén realizou os obradoiros de "Ponlle as pilas ao teu bocata".

O alumnado realizou cadenetas de flores para adornar o Maio.



Tamén decoraron unha flor para pola na cabeza para cantarlle ao Maio.
Rematados estes obradoiros, chegaron as cociñeiras de Ponlle as Pilas ao teu Bocata, para ensinarnos os beneficios dos peixes e como cociñalos de forma creativa e innovadora.




Agora toca escoller de que queren os bocatas: atún, sardiñas, mexillóns, chocos, millo, queixo, leituga, aceitunas e tomate.



Despois da merenda, xa o maio está preparado.





Para rematar, este día especial; temos que agradecerlle á ANPA a súa colaboración e darlle as grazas polas fermosas plantas vermellas que lle agasallaron a cada alumno.

Moitas grazas a todos pola colaboración para que esta celebración fose posible.

O martes 25 A Voz de Galicia publicou a nosa celebración.
CELEBRACIÓN DOS MAIOS

VÍDEO CANTÁNDOLLE AO MAIO

Podedes ver tódalas fotos Ponlle as pilas ao teu bocata AQUÍ

Podedes ver as fotos dos Maios AQUÍ

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO E AO MUSEO DE PONTEVEDRA

O 15 de Marzo o alumnado do C.R.A. de Ribadumia desprazouse ata Pontevedra para Visitar o Salón do Libro.

Cando entramos, estaba a mascota ORBIL esperándonos para saudarnos. 

Que gañas tiña de vernos


Tras a benvida de Orbil, entramos a un contacontos "Don Cabaliño", no que descubrimos as aventuras dun cabaliño de mar.





Continuamos a visita, vendo todas as exposicións e recunchos do Salón.

Aquí ao fondo temos a Romeu, léndolles historias ás súas prantas.

Despois continuamos o percorrido para ver os traballos dos centros educativos para este salón.


Por último, tan só queda tomar folgos cunha merenda. Ao remate continua esta saída coa visita ao Museo de Pontevedra.

 No museo de Pontevedra, realizamos obradoiros sobre a Prehistoria. 


Podedes ver máis fotos AQUÍ

4 abr 2017

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2017 / 2018

A continuación publicamos as listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso vindeiro.

Antes do 15 de Maio será publicada as listaxes definitivas.Todo o alumnado admitido é nas  escolas solicitadas.