28 abr 2020

A MOVER O CORPO!

Aquí tedes un PDF, que mandou o mestre Mariano de psicomotricidade.
Nel podedes atopar un taboleiro, para imprimir, cun xogo semellante ao da oca para o que necesitades un dado e fichas de cores.

En cada casa que caiades, cando lancedes o dado, tedes que realizar algunha actividade: facer flexións, dar voltas, bailar, aplaudir cos pés, converterse nun gatiño, etc…



Se queredes descargar o PDF, pinchade neste ENLACE.

A XOGAR TODA A FAMILIA!

MÓVETE CONNOSCO NA CASA

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en Educación Física e ás súas familias, puxo en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”.
Un programa semanal, que pode ser unha ferramenta moi útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento. 
Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas, cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa sen apenas material específico e dunha maneira sinxela e divertida para que os nenos aprendan xogando. 


Podedes atopar máis información, e os vídeos desta iniciativa, pinchando na imaxe.



AS PARTES DO CORPO EN INGLÉS

Como cada semana, a profe Anabel de inglés, suxírevos algunhas actividades 
para traballar o vocabulario das partes do corpo. 

GOOD MORNING CHILDREN!!!!!

Esta semana vamos a repasar el BODY, para que os sea más divertido pongo un enlace de la canción “HEAD, SHOULDERS, KNEES AND TOUS”.

Ahora os envío las actividades, la primera es el vocabulario relacionado con el body que os ayudara a hacer las fichas.



En esta actividad lo que tenéis que hacer es leer y unir cada parte del body con el scarecrow.


Vamos a dibujar, con la ayuda de los papis o las mamis que os tienen que leer lo que luego vosotros tendréis que dibujar en el recuadro. Al acabar veréis que resultado más DIVER!!!


Continuamos, esta vez, debéis rodear el dibujo que se corresponde con la palabra.


Complicamos ahora un poquito la actividad, toca escribir en cada etiqueta la parte del cuerpo que señala. ANIMOOOOOOO que yo sé que lo vais a hacer SUPER BIEN. Podéis escribir con mayúsculas o con minúsculas.


Y ya para acabar una MANUALIDAD, ARTS AND CRAFTS como diríamos en ENGLISH.
Debéis recortar y pegar cada parte del body donde corresponda para que el resultado sea una marioneta muy chula, que por supuesto podéis colorear como todas las demás actividades que podréis colorear si queréis.


Todas estas actividades cuando las tengáis hechas, sin prisa
por supuesto,me las podeis mandar a mi email:

I MISS YOU AND I LOVE YOU.
Thank you.

24 abr 2020

4º CONTO

Aquí tedes o cuarto, e último, contacontos da profe Montse.

Por qué el búho se esconde de día

MOITAS GRAZAS PROFE MONTSE POR TODOS ESTES CONTACONTOS!

RECOMENDACIÓNS PARA A SALIDA DOS NENOS

Neste PDF a psicóloga infantil Carmen Esteban, a través dunha familia de osos, cóntalles aos nenos/as como e cando van saír e as normas que teñen que seguir para protexerse do virus.



Pinchade neste ENLACE se queredes descargalo.

23 abr 2020

CERVANTES E O “QUIJOTE DE LA MANCHA”

Para celebrar o día do Libro, a profe Lupe de Música fixo un contacontos moi bonito 
que leva por título: Cervantes e “O Quijote de la Mancha”.
Animádevos a entrar no seu blog e miralo.
Aquí tedes o enlace ao contacontos:

CANTOS CONTOS!

Para conmemorar o Día do Libro, aquí tedes tamén una recompilación 
de varios contos contados. 
Só tedes que pinchar nos enlaces, e xa podedes velos e escoitalos.



Se queredes descargar o PDF, pinchade AQUÍ.

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro.


E aquí temos o cuarto contacontos da profe Montse, para celebralo.

“El puente de cristal”

22 abr 2020

3º CONTO

Este é o terceiro conto da profe Montse.

“La princesa y el sol”

21 abr 2020

BLOGS DE MÚSICA E AUDICIÓN E LINGUAXE

Lembrade que a parte de ver as propostas dos blogs de Leiro, Lois, Ribadumia A, Ribadumia B, Sisán e Natureza, tamén podedes ir mirando as actividades que se 
suxiren dende o de Música e Audición e Linguaxe.
Aquí tedes os enlaces aos seus blogs, onde están colgando moitas cousiñas:

2º CONTO

Aquí tedes o segundo conto da profe Montse, para conmemorar a Semana do libro.
“El sol, la luna, el viento y el cielo”

CIRCUÍTO DE PSICOMOTRICIDADE

O mestre Mariano de E.F, propón ás familias un circuíto para facer na casa no 
que por suposto poden participar nenos e adultos. 
Para facelo podedes empregar obxectos cotiás da casa que non fagan dano aos 
nenos, para evitar lesións, e que sexan adaptados ás súas idades.


MÁIS ENLACES DE INTERESE

Tania, a Orientadora do CPI Julia Becerra Malvar e C.R.A de Ribadumia, mandounos este PDF no que tedes os seguintes enlaces:
- EDUCLAN. Trátase dunha ferramenta educativa con contidos audiovisuais para nenos de 3 a 10 anos, creada para as familias polo peche preventivo dos centros escolares. Esta coordinada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional coa axuda de editoriais educativas.
- KIETOPARAO. Son kits de xogos educativos para que os nenos aprendan e se divirtan, deixando a un lado o uso abusivo de móbiles e tablets.


Pinchade AQUÍ se queredes descargalo.

20 abr 2020

SEMANA DO LIBRO

Como estamos na Semana do Libro, a profe Montse de Lois vai facer un 
contacontos cada día, que iremos publicando neste blog. 
Para realizar esta tarefa, utilizará os contos de Gianni Rodari xa que este 
ano celebramos o centenario do seu nacemento. 
Aquí tedes o primeiro.
“El ratón y la gata”

QUE BONITO PROFE MONTSE!
No seu blog tamén tedes unhas adiviñas inventadas, relacionadas con personaxes de contos. Este é o enlace a entrada onde están:

Xogades a adiviñar?

NÚMEROS E CORES EN INGLÉS

Aquí tedes unhas fichas, da mestra Anabel, para repasar os números e cores en inglés. Tamén un enlace con xogos para traballar as cores.

Hello!!!!! WELCOME TO SHOOL aunque siga siendo de esta forma tan rara.
 Aquí os dejo este enlace para que repaséis los colores con algunos juegos.

Y unas fichas facilitas para repasar también los números.



15 abr 2020

PELÍCULAS E LIBROS QUE FOMENTAN A IGUALDADE E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tania a orientadora, remite este arquivo do CIM do Salnés xa que considera que en parte tamén pode servir para Educación Infantil.

Dende o CIM do Salnés están a traballar no deseño de material informativo e formativo dirixido a educación primaria, nestes momentos de alarma sanitaria. Por iso, remiten un PDF cun dossier informativo sobre os recursos de ocio (películas e libros) que fomentan a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.



Pinchando neste ENLACE podedes descargar o arquivo.

ENLACES DE INTERESE

Aquí tedes uns enlaces que enviou Tania a Orientadora do CPI Julia Becerra Malvar e C.R.A de Ribadumia. A través deles podedes ver animais en 3D, disfrutar do Circo do Sol dende a casa, facer visitas virtuais a museos e exposicións e aprender ciencia co CSIC.


Pinchando AQUÍ podedes descargar o arquivo.

14 abr 2020

XOGO DE ORIENTACIÓN E SITUACIÓN ESPACIAL



Aquí tedes un xogo que propón o mestre Mariano de psicomotricidade.
Para realizalo necesitamos seis filas de catro círculos cada unha. Os círculos poden ser de cartolina ou papel e tedes que pintar e recortar catro de cada cor ata facer as seis filas. 
Por exemplo: 4 amarelos, 4 azuis, 4 laranxa, 4 verdes, 4 vermellos e  4 brancos. Poñémolos no chan e nunha cartolina debuxamos pintamos os círculos nas mesmas posicións. 
Despois cun lapis debuxamos un percorrido que leve desde a primeira fila ata a última e o neno ten que facelo.
Imos cambiando a ruta, e tamén poden os rapaces marcala para que a faga o resto da familia.
Tamén podedes aumentar a dificultade poñendo máis filas e máis círculos.
TODOS A XOGAR!

CONCURSO DE DEBUXO DO CONCELLO DE RIBADUMIA






Se pinchades en  DESCARGAR tamén o podedes ver.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

7 abr 2020

EASTER HOLIDAYS




Estas son algunhas actividades, para estas vacacións de

Pascua, que suxire a mestra Anabel de inglés.


EASTER HOLIDAYS

Hello children!!!! How are you today? I’m sad

Porque os echo mucho de menos, pero ya veréis como nos vamos a ver pronto en el cole. Y para que en estos días, que estaríamos de vacaciones de Pascua, os divirtáis un poco en casa os envío dos manualidades que os van a valer para aprender también el vocabulario de pascua en Inglés.

La primera manualidad es un EASTER EGG, que podéis decorar como vosotros queráis con cualquier material que tengáis :crayons, markers, gomets, paints, papers…


También os envío un enlace por si queréis decorar un egg de verdad, pero con mucho cuidado y con ayuda de mummy  o daddy.


La segunda manualidad es de un EASTER BUNNY en este enlace veréis varias manualidades para hacerlo.


Espero que os divirtáis mucho haciéndolas.
Un saludo. Os quiere la TEACHER.
SEE YOU SOON.

2 abr 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe, tamén é o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


Aquí tedes algunhas propostas, que as mestras puxeron nos blogs, para celebrar este día:

(blog de Ribadumia B)

(blog de natureza)


DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, 2 de abril de 2020, é o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


A celebración deste ano chega no medio dunha crise sanitaria, que xera un risco desproporcionado para as persoas con autismo a consecuencia do coronavirus e dos seus efectos sobre a sociedade.
As persoas con autismo teñen dereito á libre determinación, á independencia e á autonomía, así como á educación e ao empleo en igualdade de condicións. O colapso de sistemas e redes de apoio vitais como resultado do coronavirus, sen embargo, agudiza os obstáculos aos que deben enfrontarse as persoas con autismo para exercer os seus dereitos. Debemos asegurarnos de que unha interrupción prolongada, causada por esta emerxencia, non se traduza nun retroceso dos dereitos que con tanto esforzo levan defendendo as persoas con autismo, os seus familiares e as organizacións que os representan.
No blog de audición e linguaxe, a mestra Belén, tedes colgadas algunhas propostas para conmemorar este día.

No blog da aula de Ribadumia tamén tedes outra, coa que podedes sumarvos ao reto #LIUB iluminando os vosos balcóns, terrazas ou ventás para celebralo.