Para darlle a benvida ao Maio, o 29 de Abril todo o alumnado do C.R.A. na Sede en Leiro realizaron diferentes obradoiros e actividades durante a mañá.
As familias facilitaron as flores, pampullos, laranxas, ovos valeiros... necesarios para a elaboración do Maio.
OBRADOIROS:
Cadeas de flores
 |
Así cosemos así así |
Moitas cadeas necesitamos para adornar o maio e cantarlle para que sexa florido e fermoso.
Obradoiro de Exper-i-ciencia, coa colaboración da investigadora Luisa Martínez.
 |
Auga Salgado e Auga Doce |
 |
Preparadas para experimentar |
OBRADOIRO DE PLÁSTICA: DIADEMA DE FLOR
Despois de merendar e ter moitas forzas xa chegaron as familias para entre todos poder cantarlle ao maio. Tamén estivemos acompañados polos músicos.
A saia da Carolina, o pirimpimpim, o xogo da Carrasquiña... foron algunhas das cancións coas que nos divertimos ese fermoso día.
Grazas a todos e todas por este gran día.
Para ver tódalas fotos premer AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario