Mostrando entradas con la etiqueta PSICOMOTRICIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PSICOMOTRICIDADE. Mostrar todas las entradas

29 may 2020

IDEAS PARA XOGAR CON GLOBOS NA CASA

O mestre Mariano de psicomotricidade mandou estas 8 ideas para xogar con globos na casa, e así facer un pouco de exercicio.

19 may 2020

XOGO DE PSICOMOTRICIDADE


Aquí tedes una nova actividade que propón o mestre Mariano de psicomotricidade. 
Con ela, os nenos traballarán a motricidade fina e a coordinación óculo-manual.


6 may 2020

XOGO DE BOLOS

Unha semana máis, temos outra actividade que suxire o mestre 
Mariano de psicomotricidade.
Trátase dun xogo de bolos con tubos de papel hixiénico.


ANIMÁDESVOS A FACELO?

28 abr 2020

A MOVER O CORPO!

Aquí tedes un PDF, que mandou o mestre Mariano de psicomotricidade.
Nel podedes atopar un taboleiro, para imprimir, cun xogo semellante ao da oca para o que necesitades un dado e fichas de cores.

En cada casa que caiades, cando lancedes o dado, tedes que realizar algunha actividade: facer flexións, dar voltas, bailar, aplaudir cos pés, converterse nun gatiño, etc…



Se queredes descargar o PDF, pinchade neste ENLACE.

A XOGAR TODA A FAMILIA!

MÓVETE CONNOSCO NA CASA

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en Educación Física e ás súas familias, puxo en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”.
Un programa semanal, que pode ser unha ferramenta moi útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento. 
Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas, cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa sen apenas material específico e dunha maneira sinxela e divertida para que os nenos aprendan xogando. 


Podedes atopar máis información, e os vídeos desta iniciativa, pinchando na imaxe.



21 abr 2020

CIRCUÍTO DE PSICOMOTRICIDADE

O mestre Mariano de E.F, propón ás familias un circuíto para facer na casa no 
que por suposto poden participar nenos e adultos. 
Para facelo podedes empregar obxectos cotiás da casa que non fagan dano aos 
nenos, para evitar lesións, e que sexan adaptados ás súas idades.


14 abr 2020

XOGO DE ORIENTACIÓN E SITUACIÓN ESPACIAL



Aquí tedes un xogo que propón o mestre Mariano de psicomotricidade.
Para realizalo necesitamos seis filas de catro círculos cada unha. Os círculos poden ser de cartolina ou papel e tedes que pintar e recortar catro de cada cor ata facer as seis filas. 
Por exemplo: 4 amarelos, 4 azuis, 4 laranxa, 4 verdes, 4 vermellos e  4 brancos. Poñémolos no chan e nunha cartolina debuxamos pintamos os círculos nas mesmas posicións. 
Despois cun lapis debuxamos un percorrido que leve desde a primeira fila ata a última e o neno ten que facelo.
Imos cambiando a ruta, e tamén poden os rapaces marcala para que a faga o resto da familia.
Tamén podedes aumentar a dificultade poñendo máis filas e máis círculos.
TODOS A XOGAR!

23 mar 2020

VÍDEO PSICOMOTRICIDADE



Aquí tedes tamén un vídeo que mandou o profe Mariano de actividades de psicomotricidade.
TODOS A FACER XIMNASIA EN FAMILIA!

ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

Se pinchades abaixo, podedes ver e descargar un PDF coas actividades de psicomotricidade que enviou o mestre de E. Física Mariano para facer estes días cos vosos fillos na casa.

27 nov 2010

24 feb 2010

OS NENOS DE SISÁN ESTRENAMOS O PABELLÓN

Gracias á colaboración co Concello, este curso os nenos e nenas da escola de Sisán poden realizar as súas actividades de Psicomotricidades no pabellón de Sisán.
Nestas fotos podedes ver como xogamos a baloncesto, a fútbol, como facemos carreiras disfrutando do pabellón e como o pasamos estupendamente.