Mostrando entradas con la etiqueta Información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Información. Mostrar todas las entradas

15 jun 2020

NOTAS 3º TRIMESTRE

Xa están postas as notas do terceiro trimestre, polo que a través da aplicación Abalar  xa podedes velas a partires de hoxe ás 13:00h.
Tedes que pinchar no nome do voso fillo/a e despois, pulsando nas tres raias horizontais que están arriba á esquerda, accederedes ao menú con todas as funcionalidades dispoñibles. Aí é onde tedes que ir a cualificacións e despois arriba á 3ª avaliación, e xa podedes consultar as notas dos vosos fillos.
Vou poñer aquí un enlace ao PDF onde explican como usar esta aplicación, por se aínda non a tedes:


Para calquera dúbida por isto ou por outra cousa, chamade ao teléfono de Leiro (666410195) en horario 10 a 14 horas de luns a venres. 

7 jun 2020

AVISO IMPORTANTE


O vindeiro mércores día 10 de xuño poderedes acudir as escolas de 10 a 12 horas para a recollida e devolución do material escolar.
Para levar a cabo esta tarefa activarase o protocolo de medidas relativas á prevención fronte ao COVI 19 de acordo coa resolución do 22-05-2020 da Consellería de Educación.

Aquí tedes os enlaces á entrada, do blog de cada aula, na que as titoras explican por onde hai que acceder á escola e cales son as normas para facelo.

Cando veñades, se facedes o favor, traede a bolsa co conto da biblioteca e a mochila viaxeira. Se tiverades algún caderno viaxeiro tamén.

8 may 2020

INSTRUCIÓNS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Aquí tedes un PDF, con instrucións que van facilitar que poidades cubrir as solicitudes de admisión tanto na modalidade telemática como presencial.




Premendo neste ENLACE podedes descargar o PDF.

6 may 2020

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Reábrese o Proceso de Admisión para o novo alumnado.
Aquí tedes o calendario.

Para recoller ou entregar os papeis de solicitude de admisión:
Luns 11, mércores 13, venres 15 e luns 18 en horario de 9:00h. a 12:00h.

As listas provisionais de admitidos estarán antes do 9 de xuño.

As listas definitivas de admitidos antes do 26 de xuño.


Se queredes saber se estades admitidos nas listas provisionais e definitivas, tedes que chamar ao teléfono do C.R.A de Ribadumia que poñemos ao final desta entrada.


                                    O prazo de matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

Nos próximos días publicaremos neste blog, un documento con instrucións de cómo cubrir os papeis de admisión de alumnos.

Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono da sede do C.R.A de Ribadumia: 

666410195

24 abr 2020

RECOMENDACIÓNS PARA A SALIDA DOS NENOS

Neste PDF a psicóloga infantil Carmen Esteban, a través dunha familia de osos, cóntalles aos nenos/as como e cando van saír e as normas que teñen que seguir para protexerse do virus.



Pinchade neste ENLACE se queredes descargalo.

30 mar 2020

NOTAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Xa están postas as notas do segundo trimestre, polo que a través da aplicación Abalar xa podedes velas. 
Tedes que pinchar no nome do voso fillo/a e despois, pulsando nas tres raias horizontais que tedes arriba á esquerda, podedes acceder ao menú con todas as funcionalidades dispoñibles. Aí é onde tedes que ir a cualificacións e despois arriba á 2ª avaliación, e xa podedes consultar as notas dos vosos fillos.


Vou poñer aquí un enlace ao PDF onde explican como usar esta aplicación.

APLICACIÓN ABALAR PARA MÓBILES


Se tedes algunha dúbida por isto ou por calquera outra cousa, podedes chamar ao teléfono de Leiro (666410195) en horario 10 a 14 horas de luns a venres. 

27 mar 2020

NOTAS DO ALUMNADO DO 2º TRIMESTRE

O profesorado do C.R.A de Ribadumia xa está realizando a avaliación do 2º trimestre no XADE (aplicación encargada da xestión do alumnado e dos Centros).
Para que poidades ver as notas dos vosos fillos é necesario que descarguedes no voso móbil a Aplicación de Abalar (da Xunta de Galicia). 


Cando xa estean subidas as notas ao Xade e xa as poidades ver, nesta aplicación, poñerémolo nos blogs.

2 mar 2020

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-21

O prazo de solicitude de admisión de novos alumnos, para o curso académico 2020-21, será DO 1 AO 20 DE MARZO.
Os impresos para cubrir podedes pedilos en calquera das escolas do C.R.A. Cando os teñades cubertos, tedes que entregalos na sede en Leiro.
O horario de entrega das solicitudes será:
De luns a venres de 9:00h. a 11:00h ou os luns de 16:00h a 18:00h.


Aquí tamén tedes o calendario, con todas as datas, do proceso de admisión de novos alumnos para o curso 2020-21.

11 feb 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro luns, 17 de febreiro, queremos convidarvos a visitar o noso centro cunha Xornada de Portas Abertas
Deste xeito, poderedes coñecer o noso colexio en compañía dos voso fillos, que están a punto de comezar a escolarización no segundo ciclo de Educación Infantil.
As familias poderán coñecer o funcionamento das aulas visitando primeiramente a escola elixida (Leiro, Lois, Ribadumia ou Sisán). Despois pasarán pola nosa sede en Leiro, para ver as outras instalacións do C.R.A de Ribadumia (aula de inglés e informática, biblioteca, horta, invernadoiro…). O horario para realizar este percorrido será de 10h. a 12h.  
Os que non poidan vir pola mañá, tamén teñen a opción de facelo pola tarde (ese luns) asistindo a Sede en Leiro de 16h. a 18h.
Animádevos a vir e coñecer o noso colexio!

Tamén tedes este blog e o das aulas (podedes velos á dereita), para coñecer a nosa forma de traballar e as actividades que os nenos realizan.
A reserva de praza (no noso centro) para o vindeiro curso 2020-21, será: do 1 ao 20 de Marzo.


3 oct 2019

AVISO IMPORTANTE ANPA C.R.A DE RIBADUMIA

Este aviso, é para todas as familias que anotaran aos seus fillos na actividade extraescolar de PISCINA.

6 sept 2019

REUNIÓN PRINCIPIO DE CURSO


Comunicamos ás familias que ao rematar a reunión (nas diferentes escolas) do mércores 11 de setembro, celebrarase en Leiro ás 11:30h. unha xuntanza onde:
·         Coñeceredes ás mestras especialistas.
·         Presentarase a ANPA e o servizo de taxi para o Plan Madruga e Comedor.

3 sept 2019

COMEZO DE CURSO


AVISO IMPORTANTE

O mércores, 11 de setembro, comezará o curso. Ás 10 da mañá, as familias e o alumnado de 3, 4 e 5 anos asistirán á escola na que están matriculados, para ter unha reunión de principio de curso e desenvolver o proxecto “O primeiro día de escola mellor en familia”

26 jun 2019

CURSO 2019-2020

INICIO DO CURSO ESOCLAR
 Todas as familias e alumnado do centro terán unha reunión informativa na escola correspondente o MÉRCORES 11 DE SETEMBRO ÁS 10:00 h

PERÍODO DE ADAPATACIÓN (POR ESCOLAS) 

ESCOLA DE LEIRO 
 ESCOLA DE LOIS

ESCOLA DE RIBADUMIA
ESCOLA DE SISÁN

22 may 2019

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta.

O prazo para presentar as solicitudes, -por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuño
O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da renda.

2 dic 2014

NADALARTE, ACTIVIDADES INFANTÍS PARA O NADAL NO MUSEO DE PONTEVEDRA



RESERVADE CANTO ANTES SE QUEREDES IR COS VOSOS FILLOS E FILLAS!!

Con motivo das vacacións escolares de Nadal, o Gabinete Didáctico do Museo organiza o programa Nadalarte 2014, no que se propoñen dúas actividades para nenas e nenos.
OBRADOIRO CREATIVO DE ADORNOS DE NADAL
Nesta actividade, que ten unha duración de dúas horas, ademais da parte de manipulación e creación os participantes farán unha visita guiada á exposición Historia do xoguete español e realizarán o xogo Buscando os xoguetes na pintura.
Os nenos e as nenas que desexen participar teñen que escoller entre as seguintes datas:
22, 23 e 26 de decembro de 2014: nenos/as de 5 a 8 anos.
29, 30 de decembro e 2 de xaneiro de 2015: nenos/as de 9 a 12 anos.
Sexto Edificio de 11 a 13 h.
15 participantes por quenda.
É necesaria inscrición previa, chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es
CONTOS INFANTÍS A PIANO
Trátase dun espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantilUnha semana do pequeno elfo Cerra - Ollo de Hans Christian Andersen.
Nel o dúo de piano a catro mans Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo a versión deste conto realizado polo francés Florent Schmitt ó tempo que se proxectarán as imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña. A narradora Iciar Borges irá relatando cada unha das escenas que a música describe.
A duración será duns 45 minutos.
Domingo 21 de decembro
Sexto Edificio ás 18:00 h.
Entrada libre ata completar aforo.


8 oct 2013

¡PARTICIPEMOS TODOS!


Os mestre do CRA de Ribadumia queremos animar a todas as familias a que vexan todas actividades que se van realizando nas aulas a través dos seus blogues (Leiro, Ribadumia A e B, Sisán, Lois, de natureza, de english, música e psicomotricidade). Gustaríanos que participedes neles deixando os vosos comentarios. Todas as vosas opinións, suxestións, propostas … respecto ao que se vai realizando son moi útiles e poden servir para ir mellorando o noso traballo diario. Así mesmo, a través do enlace BIBLIOTECA DO CRA DE RIBADUMIA, podedes acceder a todos os fondos dos que dispoñemos e animarvos a solicitar aquel que sexa de voso interese. O empréstito  realizarase a través da titora do voso fillo ou da encargada da biblioteca o día que vaia a Leiro.

9 sept 2013

BENVIDOS AO CURSO 2013/14

O vindeiro mércores 11 de setembro dará comezo o novo curso escolar. Ás 10:30, en cada unha das escolas que integran o noso centro haberá unha reunión informativa para as familias. Nelas coñeceredes as que serán as titoras dos vosos fillos que vos falaran das normas de funcionamento do centro e aclararán calquera dúbida.


28 feb 2012

Reserva de praza para o curso 2012-2013

Do 1 de marzo ata o 10 de abril de 2012 está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso no CRA de Ribadumia.
Os pais/nais poderán recoller as solicitudes e a información necesaria nas diferentes escolas.
Aquí tedes información sobre o proceso e a lexislación que o regula.