25 may 2026

O CRA de RIBADUMIA no videoclip ODESSA!

Estamos moi felices de ter formado parte de Odessa, o novo videoclip de Uxía Lambona e a Banda Molona. Foi unha experiencia super divertida. Non perdades o resultado.

Pulsade na seguinte imaxe para poder velo:


BOLSAS e axudas para ALUMNOS con NECESIDADES ESPECÍFICAS de APOIO EDUCATIVO (Curso 2026/2027)

 Pulsa AQUÍ para máis información.

21 mar 2026

MENCIÓN de HONRA no IX Concurso CANTAMOS COAS MANS!

Desde a FAXPG comunícannos que a nosa candidatura ao IX Concurso "Cantamos coas Mans"  coa canción "Tres reis en bicicleta" en lingua de signos foi galardoada cunha:


MENCIÓN DE HONRA!


Unha representación do CRA de Ribadumia foi recoller o premio á Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) o venres, 8 de maio. Alí, fixemos a actuación en directo mentres se proxectaba o noso vídeo. Tivemos a sorte de ser acompañados no escenario por Gloria Mosquera, do grupo Mamá Cabra, intérprete da canción galardoada.


Podemos ver o noso vídeo na páxina web da FAXPG:

https://www.faxpg.es/cantamos-coas-mans-2026-es.html


Noraboa a todos os gañadores!

Podemos ler/visualizar as noticias relacionadas: Programa "En Lengua de Signos" (La 2)

2 mar 2026

ADMISIÓN de ALUMNADO para o curso 2026/2027

  Aberto o prazo de solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

Que DOCUMENTACIÓN precisamos?
- Formulario de Admisión do alumnado cuberto que nos darán en calquera das escolas, ou que podemos descargar AQUÍ (en galego) ou AQUÍ (en castelán).
- Fotocopia do DNI (se o neno o ten) e copia do libro de familia ou certificado de nacemento, nas páxinas onde o/a neno/a aparece inscrito.
- DNI dos proxenitores.
- Certificado ou volante de empadroamento onde figuren os membros da unidade familiar que conviven co/a alumno/a.
- Se fose preciso, sentencia de separación.

A solicitude debe estar FIRMADA polos PROXENITORES en CADA unha das PÁXINAS.

ONDE temos que ENTREGAR todo isto?
Podemos facelo de tres maneiras:
1. Cubrir a solicitude en LIÑA e presentala asinada de xeito MANUAL no centro (Escola de Leiro, que é a sede do CRA de Ribadumia), ou
2. Cubrir a solicitude en LIÑA e asinala na Sede ELECTRÓNICA, ou
3. Cubrir a solicitude MANUALMENTE e presentala asinada PRESENCIALMENTE no centro (Escola de Leiro, que é a sede do CRA de Ribadumia).
Podedes ver máis información AQUÍ.

Contacto: 666 410195 (luns a vernes 9-14h, luns 15:30-18:30h);                                    cra.ribadumia@edu.xunta.gal

**Só se pode presentar 1 solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza como primeira opción.