Aquí
tedes un xogo que propón o mestre Mariano de psicomotricidade.
Para realizalo necesitamos seis filas de catro círculos cada unha. Os círculos poden
ser de cartolina ou papel e tedes que pintar e recortar catro de cada cor ata
facer as seis filas.
Por exemplo: 4 amarelos, 4 azuis, 4 laranxa, 4 verdes, 4
vermellos e 4 brancos. Poñémolos no chan
e nunha cartolina debuxamos pintamos os círculos nas mesmas posicións.
Despois cun lapis
debuxamos un percorrido que leve desde a primeira fila ata a última e o neno
ten que facelo.
Imos
cambiando a ruta, e tamén poden os rapaces marcala para que a faga o resto da
familia.
Tamén
podedes aumentar a dificultade poñendo máis filas e máis círculos.
TODOS A XOGAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario