23 dic 2022

NADAL 2022

Onte celebramos no Auditorio de Ribadumia o Festival de Nadal! Contamos con numerosas actuacións: un contacontos organizado pola ANPA, unha obra de teatro por parte das mestras do cole e actuacións dos nosos pequechiños, badaladas, unha super merenda grazas as familias dos nosos alumnos e, para despedirnos, un vídeo que fixemos con moito agarimo para desexarvos unhas moi felices festas. 

Acompañáronnos os maiores da Escola Infantil Municipal 0-3 anos de Ribadumia a primeira parte da xornada, e as familia d@s nos@s alumn@s a segunda parte.

Ademais, este ano, xunto co alumnado do CPI, quixemos levarlle moito cariño e ledicia aos nosos maiores da Residencia Domus VI en forma de postais e que nos teñan preto nestas datas tan entrañables.


Y nada máis que desexarvos unhas MOI FELICES FESTAS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario