24 jun 2024

Fin de Curso 2023/2024

 Onte celebramos na Escola de Sisán o Festival de Fin de Curso!

Tivemos unha gymcana e obra de teatro organizadas pola ANPA, actuacións dos nosos pequechiños,  unha super merenda grazas as familias dos nosos alumnos e unha  canción propia e vídeo como fin de proxecto deste curso, "Os PiraCRAs" que fixemos con moito agarimo. Ademais, como colofón final Brais das Hortas deleitounos cunha super actuación, o "Consertasso  na Horta".

Aquí tedes "Os PiraCRAs"(pulsa a imaxe para abrir o vídeo):

Pasade un moi feliz verán!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario