Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

17 may 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS!



Hoxe,17 de maio, é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Dende o C.R.A de Ribadumia, para celebralo, decidimos facer un vídeo no que puideramos participar todos. 
Para a música utilizamos a versión do grupo Astarot do poema de Rosalía de Castro “Adios ríos, adios fontes”.
Este é o precioso vídeo que montou a profe Lupe de música, cos que lle mandamos mestres e familias.

                                GRAZAS LUPE, QUEDOU XENIAL!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

7 may 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, aínda que sexa cunha proposta a través do blog, tamén celebraremos o Día das Letras Galegas.
A profe Lupe de música colgou unha proposta moi divertida.
Mestres, nenos e familias participaremos nun vídeo que terá de fondo a versión do grupo Astarot do poema de Rosalía de Castro “Adios ríos, adios fontes”.
Podedes saír, bailando, facendo que cantades ou tocades un instrumento, etc.
Iso si, as gravacións non poden exceder dun minuto e non deben ter música de fondo.
Toda a información e o enlace á canción, nesta entrada do blog de música.