27 feb 2011

A ESCOLA DE RIBADUMIA EN ÓRBITA

Pouquiño a pouco imos aprendendo cousas novas sobre un dos proxectos que estamos traballando este trimestre.
Xa coñecemos os planetas e como son a súa superficie, o que é unha galaxia, as fases da lúa, que é a NASA, falamos dos astronautas, da lúa, das estrelas, o sol... aínda queda moito por aprender!
Dende casa tamén podedes ensinarnos cousas novas a través dos nenos/as para que conten na clase... queremos saber máis!

CUMPREANOS DO MES DE FEBREIRO

O noso pequerrechiño Roi cumpriu este mes 5 aniños e como estamos moi orgullosos del mandámoslle moitos biquiños e felicidades!




21 feb 2011

GLORIA SÁNCHEZ

O vindeiro sábado 5 de marzo, no 12ª Salón do Libro de Pontevedra, terá lugar a homenaxe a Gloria Sánchez, escritora de recoñecida traxectoria dentro da nosa literatura, que conta con máis dunha trintena de obras publicadas e diversos premios. Haberá unha actuación especial do grupo Mamá Cabra, que ten entre o seu repertorio varios poemas musicados desta autora. Dende a nosa escola, queremos unirnos a esta homenaxe con esta pequeña guía de lectura.





15 feb 2011

Traballo sobre "Miguel Hernández"

No mes de outubro, e coincidindo co centenario do nacemento do escritor Miguel Hernández, os nenos comezaron a realizar un traballo para coñecer máis cousas deste autor.
Uns meses despóis, xa temos aquí o resultado a moito traballo por parte dos cativos.
Esperamos que vos guste!!!!


TARTALETAS DE QUEIXO E CENORIA

Ésta receita si que nos resultou moi faciliña de facer...a algún de nós a cenoria cruda non nos fixo moita gracia ó principio...pero se a probas está moi boa!




MMM....MACEDONIA!

Cada día nos gusta máis a froita e como non nos poñiamos dacordo para escoller só unha...fixemos unha macedonia! É un segredo, pero lle botamos algo máis que non está nas receitas das fichas: galleta en cachiños...









12º SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA


Como xa sabedes, no Pazo da Cultura de Pontevedra, estase a celebrar o 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil coa mentira como eixo central. Un ano máis, dende o equipo de biblioteca, recomendámosvos realizar cos cativos unha visita a esta festa do libro infantil e xuvenil e participar nas actividades propostas para toda a familia: Contacontos, teatro, obradoiros, concertos... A visita é gratuita. Para os que se animen, adxuntamos o enlace onde podedes atopar toda a información sobre as actividades e os seus horarios.
http://www.salondolibro.org/static/programa_salon_2011.pdf

9 feb 2011

RICO, RICO, RICO…

Para aqueles que se queiran animar a probar na casa, aquí tedes as nosas últimas receitas e fotos do obradoiro de cociña de Leiro… Prestade especial atención á preparación das tortas de aniversario… ¡é a preferida dos cativos!. Por certo familias, que tal se facedes algún comentario con suxerencias para preparar na aula.
TARTALETA DE QUEIXO


MACEDONIA DE FROITAS



DÁTILES CON QUEIXO

"MOUSSE" DE LIMÓN

MINIPIZZAS

CUMPLES DE MENCÍA, JOSE ANTONIO, DIEGO, RUBÉN e ÁNGELA

CONTINUAMOS O TRABALLO NA HORTA

Aproveitando unha melloa no tempo, a semana pasada os rapaces do CRA volveron ó traballo na horta. Nesta ocasión prantáronse cenorias, acelgas, chícharos e coles decorativas.
Todos fixeron un bo traballo, tendo en conta que ainda estamos no inverno e as mañás están moi frecas.
Aqui podedes ver o traballo dos nenos.

LEIRO e RIBADUMIA 3-4 ANOS


LOIS


RIBADUMIA 4-5 ANOS e SISÁN

“CESPIÑO”

Os nenos do CRA de Ribadumia fixemos, coa profe Ana, uns graciosos bonecos aos que lles medra o pelo. Para a súa elaboración só fai falta:

  • Unha media curta de nylon
  • Sementes de céspede
  • Terra
  • Fío para atarlle o nariz e as orellas
  • Vaso ou maceta



Comenzades introducindo as sementes de céspede na punta da media e engadides a terra ata acadar o tamaño de boneco que desexedes. Para facerlle o nariz e as orellas colledes, cos dedos, un pouco de media con terra e atádelo. Os ollos e a boca pódense facer con pintura de dedos, botóns, anacos de tea…
Para que medre o pelo poñedeo nun vaso ou maceta cun pouco de auga e mollade, de cando en vez, a zona da cabeza onde están as sementes de céspede.

Xa podedes probar!! Aquí tedes algunhas das que fixemos na escola.






8 feb 2011

CARBALLO CON BOTAS

Por fin xa temos aquí as fotos dos carballos que plantaron os cativos coa profe Ana. Estiveron moito tempo extraviadas, pero por fin hoxe puidemos subila ao BLOG. Esperamos que vos gusten.