23 abr 2016

A MIN GÚSTAME LER EN

Entre o 18 e o 22 de Abril, celebramos o DÍA DO LIBRO. Elemento preciado para a fundamentación dos coñecementos. Por iso, neste centro levamos a cabo unha morea de actividades centrada neste tema. Precisamos a vosa colaboración con unha das actividades.
Cada alumno/a levou para a casa unha folla na que se debe indicar onde lle gusta ler e enviar ao correo das escolas, do centro ou impresa a foto do neno/a lendo nese sitio.



Moitas grazas pola vosa participación.


KID`S & US

O venres ás 12 tivemos o pracer de participar na Sede do C.R.A. en Leiro nun contacontos protagonizado por KID`S & US.

Story Time: Around the World.


Todos participaron e colaboraron na actuación



Para ver tódalas fotos premer AQUÍ

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA - PLAN PROXECTA

Este venres todo o alumnado asistiu á Sede do Cra para participar no obradoiro de Ponlle as Pilas ao teu Bocata.
Dous profesores en alimentación ensináronnos o importantes que son as conservas e os peixes.
























Entre imaxes e xogos os nenos e nenas comprobamos a importancia da sardiña, bonito, polvo, chocos, mexilóns ... para a nosa saúde.


Voluntarios para actividades.

Pasta con conservas

Pizza de xoubas


Croquetas de arroz con choco



 

Cada un escolleu os ingredentes dos que querían os bocatas. Pan e ....



                                                                     
Xurdiron Bocatas de Mexilón, leituga e tomate; de Mexilóns e Xoubas; de Atún e vexetais....
Montóns de combinacións que degustaron os nosos alumnos e estaban riquísimos.
 


Deliciosos!!!

















Despois de tomar os Bocatas e para despedirnos destes mestres da nutrición, fixeron unha foto conxunta.


Para ver tódalas fotos premer AQUÍ

SAÍDA Á FUNDACIÓN

O xoves 21 desprazámonos ata Pontevedra a disfrutar da actuación de MAMÁ CABRA "15 PRIMAVERAS".


Ola, ola, olaolaalaa




Glub,glub, glub, plas, plas, plas






- O TIMOTEO
- O PIRATA METEPATA
-....

Estas e outras cancións no concerto de Mamá Cabra.



Despois ao remate visitamos o museo no Café Moderno. "Arquitecturas Emocionais". Cada alumno e alumna puido experimentar con texturas, materiais (pedra, madeira, aluminio, coiro...) e diseñar a súa propia habitación.

Premendo neste enlace podedes ver tódalas fotos desta saída.
http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=220

22 abr 2016

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Durante esta semana  nas escolas do centro celebramos o día do Libro con diferentes actividades. Entre elas o mércores nas diferentes escolas tivemos un contacontos moi divertidos grazas a Mon e Jose.

Chegaron con cazolas, e utensilios de cociña cheos de Ilusión, Imaxinación, Felicidade....





 Primeiro en LEIRO para os nenos e nenas de Leiro e Lois e despois en Ribadumia e Sisán.





O gato Lambón foi un dos contos representados neste contacontos.




















Ademáis deste conto tamén tivemos un guiñol de marionetas. Sobre a Lenda de San Xurxo.


Cociñando cociñando unha torta de nubes nos agasallaron coma postre despois deste primeiro prato "O Gato Lambón" e o segundo "A Lenda de San Xurxo".


Que rica torta!!!


Durante a mañá recibimos unha visita moi especial, dúas nais da ANPA trouxéronnos un lote de libros para a  biblioteca, unha cesta de prantas aromáticas e para cada neno/a unha pranta de flor vermella.





 MOITAS GRAZAS POLO AGASALLO, POLA COLABORACIÓN E AXUDA NAS ACTIVIDADES, PROXECTOS E CELEBRACIÓNS.



Podedes ver tódalas fotos da celebración deste día no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=218