Aberto o prazo de solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.
Que DOCUMENTACIÓN precisamos?
- Formulario de Admisión do alumnado cuberto que nos darán en calquera das escolas, ou que podemos descargar AQUÍ (en galego) ou AQUÍ (en castelán).
- Fotocopia do DNI (se o neno o ten) e copia do libro de familia ou certificado de nacemento, nas páxinas onde o/a neno/a aparece inscrito.
- DNI dos proxenitores.
- Certificado ou volante de empadroamento onde figuren os membros da unidade familiar que conviven co/a alumno/a.
- Se fose preciso, sentencia de separación.
A solicitude debe estar FIRMADA polos PROXENITORES en CADA unha das PÁXINAS.
ONDE temos que ENTREGAR todo isto?
Podemos facelo de tres maneiras:
1. Cubrir a solicitude en LIÑA e presentala asinada de xeito MANUAL no centro (Escola de Leiro, que é a sede do CRA de Ribadumia), ou
2. Cubrir a solicitude en LIÑA e asinala na Sede ELECTRÓNICA, ou
3. Cubrir a solicitude MANUALMENTE e presentala asinada PRESENCIALMENTE no centro (Escola de Leiro, que é a sede do CRA de Ribadumia).
**Só se pode presentar 1 solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza como primeira opción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario