Desde a FAXPG comunícannos que a nosa candidatura ao IX Concurso "Cantamos coas Mans" coa canción "Tres reis en bicicleta" en lingua de signos foi galardoada cunha:
MENCIÓN DE HONRA!
Unha representación do CRA de Ribadumia foi recoller o premio á Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) o venres, 8 de maio. Alí, fixemos a actuación en directo mentres se proxectaba o noso vídeo. Tivemos a sorte de ser acompañados no escenario por Gloria Mosquera, do grupo Mamá Cabra, intérprete da canción galardoada.
Pulsa AQUÍ para ver os vídeos presentados este ano (o noso é o terceiro por abaixo).
Podemos ler/visualizar as noticias relacionadas:
- Páxina FAXPG
- Diario de Pontevedra (09/05/26)
- Programa "En Lengua de Signos" na TVE 2 (16/05/26, minuto 14).

No hay comentarios:
Publicar un comentario