

O programa Prensa-Escuela de "La Voz de Galicia" convocou a 9ª Edición do Premio Mellor Periodista Infantil e Xuvenil.

E nós, que somos uns grans artistas, non dubidamos en participar!
Tiñamos que escoller un titular do periódico e facer un debuxo que o representara.

Cada aula escolleu unha noticia; Os titulares foron do máis variado: dende a noticia do rei que foi de cacería, sen olvidar a sequía que tivemos semanas anteriores, os incendios que queimaron o monte galego, o aniversario do afundimento do Titanic ou a captura de piratas!
Cada un expresou á súa maneira a noticia... só tedes que ver os resultados.
Estes son algúns dos traballos que van a participar...

No hay comentarios:
Publicar un comentario