Mostrando entradas con la etiqueta PERIÓDICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PERIÓDICO. Mostrar todas las entradas

6 jun 2012

LA VOZ DE LA ESCUELA CONTA...



...conta que o sábado entregáronse os premios de Prensa-Escuela e o  noso compañeiro Lucas sae recollendo o seu premio da man de Luciano Vidán Martínez, patrono da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre...

Podedes ver o suplemento enteiro do periódico picando AQUÍ

30 may 2012

PREMIO MELLOR PERIODISTA INFANTIL

Hace unhas semanas informámosvos que estabamos a participar nun concurso convocado por Prensa-Escuela de La Voz de Galicia...
Pois temos a gran alegría de comunicarvos que LUCAS SANTAMARÍA GARCÍA conseguiu o 3º premio na categoría de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria!
O seu debuxo era sobre a noticia da cacería do rei en Botsuana.
Hoxe, no suplemento de La Voz de la Escuela, podedes ver o anuncio do premio!
Dende aquí (aínda que todos xa o felicitamos no cole)... NORABOA E MOITOS BICOS LUCAS!!
Tráenos algunha foto de cando recollas o premio para que nós as podamos subir ao blog e todos as podamos ver!!

Na web de Prensa-Escuela tamén podedes ver os premios....pincha AQUÍ

26 abr 2012

Concurso escolar: O mellor periodista é...?


O programa Prensa-Escuela de "La Voz de Galicia" convocou a 9ª Edición do Premio Mellor Periodista Infantil e Xuvenil.
E nós, que somos uns grans artistas, non dubidamos en participar!
Tiñamos que escoller un titular do periódico e facer un debuxo que o representara.
Cada aula escolleu unha noticia; Os titulares foron do máis variado: dende a noticia do rei que foi de cacería, sen olvidar a sequía que tivemos semanas anteriores, os incendios que queimaron o monte galego, o aniversario do afundimento do Titanic ou a captura de piratas!
Cada un expresou á súa maneira a noticia... só tedes que ver os resultados.
Estes son algúns dos traballos que van a participar...