Mostrando entradas con la etiqueta RECICLAXE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECICLAXE. Mostrar todas las entradas

6 feb 2019

Unha xornada de COIDADO!

Unha xornada de COIDADO!

A mañá do luns foi intensa e produtiva:
COIDADO do medio ambiente:
Da man de 
EcoBraulio e o científico  Atomillo descubrimos que son os  RAEE (residuos de aparellos eléctrico e electrónicos).  Estes aparellos, polas súas características, supoñen un grave problema para o medio ambiente, polo que é moi importante adquirir desde a infancia hábitos que permitan un uso responsable desde a adquisición ata o momento de desfacerse deles.
COIDADO da alimentación:
Un ano máis recibimos a visita dos nosos xa coñecidos 
PANS (profesores da alimentación e nutrición saudable) que nos mostraron a  importacia e necesidade dos produtos mariños na nosa dieta. Antes de marcharse, "puxeron as pilas" aos nosos bocadillos, que ricos!

COIDADO da hixiene bucal:
Para rematar a xornada, un grupo de 
hixienistas dentais, amigas do Ratiño Pérez, concienciáronnos do indispensable que é manter un coidado diario da nosa boca e déronnos as claves para mantela limpa e sa.

Fotos, vídeos e máis nas seguintes ligazóns:

21 abr 2013

Concurso Imedio "Cuidemos el medio ambiente"

A semana pasada rematamos o xogo sobre a reciclaxe que imos presentar ao concurso nacional "Cuidemos el Medio Ambiente".
Agora so queda esperar a resolución do concurso e saber se levamos algún premio. Mentres esperamos, aquí tedes o noso traballo.
Sorte a todos!!!

2 may 2012

RECICLANDO...

Esta semana poñemos en marcha dúas iniciativas de reciclaxe na escola!
Por unha parte imos formar parte da Brigada de recollida de instrumentos de escritura que organiza TERRACYCLE xunto coa empresa BIC.
Pódese reciclar case todo, e os bolígrafos, rotuladores, marcadores, plumas, correctores despois de rematados... pódense convertir dándolles outro uso... Mirade o VÍDEO para descubrir que se pode facer...
Se queredes coñecer máis sobre TERRACYCLE, picade AQUÍ


E por outro lado, comezamos coa recollida de TAPÓNS a favor de Paula, a nena de Boiro que naceu sen sacro.
Recordade que os tapóns que se poden reciclar son os tapóns dos refrescos, das botellas de auga, así como de tetrabricks, champú, tapas de cremas...
A recollida realizarase na sede de Leiro. Na entrada da escola hai dúas gabetas onde poderedes depositar os tapóns ou os vosos elementos de escritura.
Comeza a reciclaxe!