Mostrando entradas con la etiqueta CRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CRA. Mostrar todas las entradas

24 feb 2015

AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS DO GALEGO

Hoxe, 24 de febreiro de 2015, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Nas aulas do CRA de Ribadumia, vamos realizar diversas actividades para celebrar que fai 178 anos que naceu esta poetisa galega.
Rosalía foi a escritora que abriu o camiño para a dignificación da lingua galega e recuperou o seu valor literario.

Por iso, no CRA de Ribadumia,  queremos facerlle unha homenaxe poñendo en marcha un caderno viaxeiro a través do que imos recoller “As palabras máis fermosas do galego“.


Haberá 5 cadernos viaxeiros, un por aula, que percorreran as casas dos nosos alumnos e nos que atoparemos:
Unha explicación de en que consiste esta actividade.


Unha folla na que, entre todos os membros de cada familias, escollerán cal é a palabra galega que máis lles gusta, que máis lles transmite, máis curiosa…, e axudaran ao seu fillo/a a escribila e a que debaixo dela pegue unha foto ou faga un debuxo relacionado con ela.

Unha vez que todos elixan a súa palabra, realizaremos un mural con todas para conmemorar O día das letras galegas.

E para vós, cal é a máis fermosa?...
Animádevos a enviar un comentario coa vosa elección.

9 sept 2013

BENVIDOS AO CURSO 2013/14

O vindeiro mércores 11 de setembro dará comezo o novo curso escolar. Ás 10:30, en cada unha das escolas que integran o noso centro haberá unha reunión informativa para as familias. Nelas coñeceredes as que serán as titoras dos vosos fillos que vos falaran das normas de funcionamento do centro e aclararán calquera dúbida.


12 jun 2013

2º Premio no "Concurso Imedio Cuidemos el Medio Ambiente"

A semana pasada recibimos unha boísima noticia no CRA.

O traballo que presentamos para o concurso do medio ambiente, patrocinado pola marca IMEDIO, recibiu o 2º premio a nivel nacional.

Tivemos que loitar con más de 600 coles de toda España, pero ó final acadamos este premio.

Desde aquí quedo felicitar aos nenos da aula de Ribadumia 4-5 anos cos que, tanto a profe Ana coma eu (Rafa) estivemos preparando este traballo.

FELICIDADESSSSSSS!!!!!!!

6 jun 2013

Esta é a nosa peli...

Xa podedes ver a peli que fixeron os nenos de Ribadumia 4-5 anos e as profes María Dolores, Ana, Janet e o profe Rafa, e que presentamos ao concurso "Nós tamén creamos", na páxina web da TVGA. Aquí a tedes.

1 jun 2013

Excursión ao Camping Fieitás

O Xoves 30 de maio os alumnos e os mestres do CRA fixemos a excursión de fin de curso ao Camping de Fieitás no Grove.
Foi unha experiencia nova para nós xa que nunca estiveramos alí.

Cando chegamos ao camping, todos os monitores recibíronnos nos autobuses e leváronnos ata o camping.







Alí fixeron grupos e comezamos coas actividades.

Baixada á praia a facer xogos na area, comida, unha pequena siesta para repoñer forzas e de novo unha andaina ata o monte para facer vivacs, recoller pedras, facer fogueiras...

Non paramos nin un segundo pero o pasamos moi ben.

Se queredes ver todas as fotos clicade AQUÍ

26 may 2013

Convivencia co CPI de Barrantes

O xoves 23 de maio, os nenos e nenas de 5 anos de todas as escolas, tivemos unha xornada de convivencia no CPI Julia Becerra Malvar.
O día comezou dun xeito especial xa que para ir familiarizándonos coa ruta, collemos o bus nas paradas próximas ás escolas.


Ao chegar xuntámonos cos que serán os nosos compañeiros/as de 1º curso de primaria o ano que ven, e percorrimos as instalacións: o pavillón, as clases de 1º de primaria, o comedor, a aula de música, a biblioteca...

Nas aulas de 1º puidemos ver a compañeiros/as que marcharon o ano pasado. Nunha das aula léronnos un conto e na outra unha pequena representación. Despois estivemos na aula de música onde os nenos nos fixeron un baile.

No pavillón xogamos co paracaídas e lle ensinamos aos compañerios do CPI o xogo do "Matamoscas"
Despois de tanta novidade e coa barrigola baleira,  no comedor esperábanos unha festa rachada na que non faltou de nada: patacas, zumes, galletas...
E con enerxías renovadas puxemos camiño ao Concello onde nos esperaban Salomé e Lidia! A alcaldesa estivo moi atenta e recibiunos no salón de plenos.
E como todo o bo... o día rematou e volvemos para o noso cole non sin antes xogar un rato no parque que está xunto ao Concello.
Se queredes ver todas as fotos clicade AQUÍ


22 abr 2013

Concurso Carteis Día das Letras Galegas 2013 "Roberto Vidal Bolaño"

Estes son os carteis que presentamos ao concurso do Día das Letras galegas 2013.
Este ano...no gañamos, pero aqui tedes a nosa proposta para que a poidades disfrutar. Se queredes máis información do traballo clicade AQUI

21 abr 2013

Concurso Imedio "Cuidemos el medio ambiente"

A semana pasada rematamos o xogo sobre a reciclaxe que imos presentar ao concurso nacional "Cuidemos el Medio Ambiente".
Agora so queda esperar a resolución do concurso e saber se levamos algún premio. Mentres esperamos, aquí tedes o noso traballo.
Sorte a todos!!!

1 abr 2013

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2013-2014


Dende o día 5 ata o 17 de Abril de 2013 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o curso 2013/14.
Os impresos poden ser recollidos nas diferentes escolas (Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán), na sede do CRA en Leiro ou a través da páxina web da Consellería de Educación clicando AQUÍ.
Dende o 4 de Abril permanecerán expostos nas portas das escolas os postos vacantes para o vindeiro curso.
Cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicita praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
A solicitude irá acompañada da fotocopia do libro de familia (páxina onde figura o neno ou nena e o orixinal).
A lexislación na que se basea o proceso de admisión atópase no Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro) e na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) 

10 dic 2012

Hoxe recollimos o diploma do Premio da Biblioteca

Este luns 10 de decembro, unha representación de mestres do CRA, desprazáronse ata a Biblioteca Nacional en Madrid, para asistir a ceremonia de entrega dos diplomas dos Premios Nacionais de Boas Prácticas para a Dinamización e Innovación das Bibliotecas dos Centros Escolares.
Aquí tedes o diploma recibido.


Felicidades a toda a Comunidade Educativa do CRA

7 nov 2012

CULTURGAL 2012

A Casa da Cultura Galega abre as súas portas no Pazo de Cultura de Pontevedra o 30 de Novembro, 1 e 2 de Decembro
Haberá música, literatura, cine, televisión, teatro, circo, maxia.....
Serán tres días de diversión para todas as familias.
Dende o CRA animamos a todas as familias a que fagan unha visita ao Pazo de Cultura de Pontevedra para disfrutar cos nenos de todas estas actividades.
A entrada é gratuita.
Aquí tedes o programa para consultar o horario das diferentes actividades.

3 nov 2012

Fotos do Magosto 2012

Xa podedes ver na GALERÍA as fotos da festa do Magosto.
Aquí tedes un avance.

22 oct 2012

Celebramos o Magosto-Samaín

O próximo Mércores día 31 de outubro celebraremos na sede do CRA en Leiro e Festa do Magosto-Samaín. Ao longo da mañá realizaremos diferentes talleres cos nenos e xogaremos a algón "Xogo castañeiro" Degustaresmo doces típicos destas datas, que traerán os nenos de 5 anos, comeremos cantañas e como postre teremos a visita do Mago Noel (xentileza da Editorial Everest) Animamos a todos os pais e nais que queiran axudar no magosto que se acheguen ese día ao CRA.

2 jul 2012

Libros de texto Curso 2012-12

Podedes consultar a lista dos libros para o curso 2012-13 na Páxina Web do CRA.
Se non sabedes a ruta, podedes clicar AQUI.
As reunións de principios de curso realizaranse nas distintas escolas o día 12 de Setembro ás 10:30 da mañá.
BO VERÁN

20 may 2012

Excursión a Apípolis

O pasado venres os alumnos e o profesorado do CRA realizamos a excursión de fin de curso.
Este ano visitamos "Apípolis", que é un Centro Para a Comprensión das relacións existentes entre as persoas e as abellas, que se atopa en San Andrés de Xeve, moi cerca da cidade de Pontevedra.
Pasamos un día moi divertido; coñecemos moitas cousas, fixemos de apicultores, de cociñeiros... e sobre todo aprendemos moitísimas cousas relacionadas coas abellas.
Nos diferentes blogs das escolas podedes ver a información que subiron as titoras e, cando recompilemos todas as fotos, avisaremos para poder velas na galería.

Chegada a Apípolis


Cooperativismo 2012

Un anos máis o CRA de Ribadumia vai a participar no Certame de Cooperativismo no Ensino 2012 que organiza o Consello Galego de Cooperativas. Aquí podedes ver o traballo que presentamos. Esperamos que vos guste e... a esperar.


 

16 may 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O xoves, 17 de maio, é o día das Letras Galegas. Este ano 2012, a persoa elixida pola Real Academia Galega para ser homenaxeada é o avogado, político galeguista, empresario, poeta e xornalista Valentín Paz Andrade.

O noso colexio, este ano, participou no concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado. Aínda que non fomos o colexio gañador, queremos amosarvos os carteis que presentamos e a través dos que quixemos facer un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e algunhas das múltiples facetas que desenvolveu Valentín ao longo da súa vida.

Para a súa elaboración contamos coa implicación de mestres e alumnos que puxeron todo o seu empeño e esforzo para que quedaran así de bonitos…










Nas aulas do C.R.A, están realizando diversas actividades para coñecer algunhas cousiñas da vida e obra deste autor. Se pinchades nos diferentes blogs podedes ir mirando o que van facendo.

Os mestres e alumnos do C.R.A de Ribadumia, tamén queremos felicitar aos colexios premiados:

CEIP ADR Castelao de Rianxo (na categoría de educación infantil e primaria)

IES Xoán Montes de Lugo (na categoría de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional).

¡PARABÉNS!

9 may 2012

Celebramos os maios

O venres pasado celebramos os Maios no CRA de Ribadumia. Por mor do tempo tivemos que facer os talleres na sede do CRA e non puidemos subir ao Monte do Castro.
Con choiva e todo vestimos ó Maio, lle cantamos e difrutamos unha vez máis da compaña do grupo Alecrín.
Nos Blogs das diferentes escolas podedes ver máis información e non vos olvidedes que as fotos están na galería


28 feb 2012

Reserva de praza para o curso 2012-2013

Do 1 de marzo ata o 10 de abril de 2012 está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso no CRA de Ribadumia.
Os pais/nais poderán recoller as solicitudes e a información necesaria nas diferentes escolas.
Aquí tedes información sobre o proceso e a lexislación que o regula.