Mostrando entradas con la etiqueta SEMANA DO DEPORTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEMANA DO DEPORTE. Mostrar todas las entradas

28 sept 2019

XORNADA DE EXHIBICIÓN DO DEPORTE 2019

O Concello de Ribadumia convidou ao CRA de Ribadumia e ao CPI Xulia Becerra Malvar a participar na Xornada de Exhibición do deporte celebrada o venres 27 de setembro.
No pavillón e auditorio de Ribadumia, monitores de diferentes disciplinas deportivas como tenis, baloncesto, capoeira, lanzamentos, fútbol, ioga, pole dance e tenis de mesa, ensináronlles aos nenos como se practican todos estes deportes.









A media mañá, fixemos unha pequena parada para merendar.




O Concello de Ribadumia, agasallou a todos os nenos cuns lapis, regra, goma e afía.  

Podedes ver máis fotos nos seguintes enlaces:

27 sept 2017

XORNADA DEPORTIVA NO AUDITORIO DE RIBADUMIA

Hoxe comezamos a xornada lectiva na biblioteca municipal da casa da Cultura, a continuación desprazámonos ao auditorio para participar nunha xornada deportiva na compaña do alumnado de infantil e do primeiro ciclo de educación infantil.



COMEZAMOS A XORNADA



 Durante toda a mañá practicamos diferentes deportes coma o padel, judo, zumba, fútbol, xogos predeportivos....

Ademáis ás 12 do mediodía acompañados do Alcalde, concelleiros e Chelo Besada ( Diputada de deportes da Diputación de Pontevedra); inaugurouse a exposición de Pontevedra a Río 2016 que podemos visitar no Auditorio de Ribadumia.

Ao remate da xornada agasalláron o alumnado con unha medalla da I Semana do Deporte de Ribadumia.

Grazas a todos os que fixestes posibles esta actividade.

Para ver máis fotos desta xornada, premer AQUÍ

Saímos na prensa: A Voz de Galicia




Olímpicos, de Pontevedra a Rio 2016

















26 sept 2017

SEMANA DO DEPORTE EN RIBADUMIA

Dende o 25 ao 30 de setembro en Ribadumia desenrolarase unha programación de actividades deportivas para celebrar a Semana do Deporte.
Aquí podedes ver as actividades programadas:
Semana do deporte de Ribadumia!
Mañá 27 de setembro o alumnado e docente do C.R.A. comezaremos a xornada lectiva na biblioteca municipal á 9 da mañá e despois de realizar alí unha actividade, desprazarémonos ao Auditorio para asistir ás exhibicións dos distintos deportes que se practican neste concello. Tamén ás 12 se inaugurará a exposición dos deportes de Río, no auditorio.