Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS E ACTUACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS E ACTUACIÓNS. Mostrar todas las entradas

26 sept 2017

SEMANA DO DEPORTE EN RIBADUMIA

Dende o 25 ao 30 de setembro en Ribadumia desenrolarase unha programación de actividades deportivas para celebrar a Semana do Deporte.
Aquí podedes ver as actividades programadas:
Semana do deporte de Ribadumia!
Mañá 27 de setembro o alumnado e docente do C.R.A. comezaremos a xornada lectiva na biblioteca municipal á 9 da mañá e despois de realizar alí unha actividade, desprazarémonos ao Auditorio para asistir ás exhibicións dos distintos deportes que se practican neste concello. Tamén ás 12 se inaugurará a exposición dos deportes de Río, no auditorio.


VISITA DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADUMIA

O pasado mércores nas nosas aulas tivemos unha visita especial. Da man da Banda Municipal de Ribadumia chegou a música ata o alumnado.

A música preferida para os máis pequenos do C.R.A. ( Caillou, Peppa Pig, Doraemon, Marsha e o Oso...) estiveron presentes nesta presentación de música en cada unha das escolas.