O venres, 20 de decembro,
celebramos a festa de Nadal. Ese día, os alumnos de todas as aulas do CRA xuntáronse en
Leiro e participaron en diversos talleres: de contacontos de Nadal, xogos
tradicionais, creación de postais de Nadal, decoración de regalos de papel para
adornar no mural elaborado para esta festa e visionado de panxoliñas e pequenos
contos destas datas.
Despois merendamos todos
xuntos os doces e tortas que as familias prepararon nas casas para esta ocasión.
Houbo quen trouxo cousas tan elaboradas que ata daba mágoa comelas…
Como nas aulas están realizando
un proxecto sobre Xapón, recibimos a visita de Alberto, o tío de Uxía, que nos fixo
unha exhibición de Karate. Dende
aquí queremos darlle as grazas por vir para facernos unha demostración desta arte
marcial tradicional deste país.
A continuación cada aula
fixo unha pequena representación e, para rematar a festa chegou ao noso colexio
o Apalpador que veu dende o Courel
para recoller as cartas dos nosos alumnos, apalparlles as barriguiñas e darlles
chocolates.
Non queremos acabar sen
antes desexar, a toda a comunidade escolar, que teñades un…
BO NADAL E FELIZ ANINOVO
No hay comentarios:
Publicar un comentario