Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas

22 dic 2019

FESTA DE NADAL

O venres, 20 de decembro, celebramos a Festa de Nadal na 
Casa de Cultura de Ribadumia. 
Unha parte da mañá, estivemos acompañados por algúns avós da
Residencia DomusVi de Ribadumia e os familiares dos nosos alumnos.


Durante esta xornada, realizamos moitas actividades...
Os nenos foron rotando por tres talleres.
DE XOGOS


DECORACIÓN DUNHA BOLA DE NADAL


CONTACONTOS DE NADAL


Recibimos a visita de Kids&Us


Merendamos riquísimos doces preparados polas nosas familias.


Todos xuntos miramos un precioso vídeo, que xa amosamos na entrada anterior deste blog, e que foi realizado pola mestra Lupe de música. Nel recóllense algunhas das actividades que se fixeron durante o Nadal nas aulas do C.R.A de Ribadumia.
Houbo moitas actuacións:
Os nenos de Leiro dramatizaron Buscando Papá Noel.




Os de Sisán bailaron ao ritmo de Last Christmas.




Os de Lois interpretaron a obra de teatro “El zapatero y los duendes”.





Os de Ribadumia cantaron e bailaron as Panxoliñas de Mamá Cabra.




E para finalizar, todos xuntos, bailaron “dinosaurios no Nadal” que prepararon coa mestra Lupe de música.




Para rematar a mañá, recibimos a visita do Apalpador ao que os nenos entregaron as súas cartas e el agasallou cunha chocolatina.


Podedes ver máis fotos nos blogs das aulas de:
Todas as mestras do C.R.A de Ribadumia, queremos desexar a toda a nosa comunidade escolar...
UNHAS FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO!

VÍDEO ACTIVIDADES FEITAS NO NADAL



Vídeo elaborado pola mestra de música Lupe, no que se recollen algunhas das 
actividades feitas nas aulas durante o Nadal.

31 dic 2018

NADAL

POR UN 2019 CHEO DE ALEGRÍA E ILUSIÓN

Fotos e vídeos do festival de Nadal nos seguintes enlaces:

2 ene 2017

CELEBRACIÓN DE NADAL

O 21 de Decembro o Auditorio de Ribadumia visteuse de gala para recibir ao alumnado do C.R.A. de Ribadumia.

Durante a primeira parte da mañá o alumnado e os docentes realizamos diferentes obradoiros.
OBRADOIRO DE PLÁSTICA

VISIONADO DE NADAL

CONTIÑOS DE NADAL
Despois de rotar todos e todas por estes obradoiros xa toca repoñer forzas cunha estupenda merenda que nos agasallaron as familias.


Ao remate, xa toca ir cada un ao seu lugar, COMEZA O FESTIVAL!!!

Comezamos con KID`S&US



Despois deste contacontos en inglés, comezaron as actuacións do alumnado do C.R.A.

Coa mestra de música todos bailaron a Muiñeira de Nadal


A escola de Leiro, "Buscando unha Estrela".



 A escola de Lois, "Din, don, din, don"


A escola de Ribadumia, "Campana sobre campana"


A escola de Sisán, "Feliz Navidad"



Ao remate, tamén nos visitou alguén moi especial:

O APALPADOR !!!!



O alumnado deixoulle as súas cartas e o resto de nenos e nenas que nos visitaron tamén trouxeron os seus debuxos.

Trouxo agasalliños para todos.

Dende o C.R.A coma en todas as celebracións dámoslle as grazas á ANPA, ao Concello, as familias e tamén aos pais, nais e nenos e nenas que nos visitaron, para pasar este precioso día.

Ao día seguinte a nosa celebración saiu na prensa.

LA VOZ DE GALICIA


Tamén no Diario de Arousa e Faro de Vigos do dia 22 de decembro

Para ver tódalas imaxes dese día premede: FOTOS

13 dic 2016

CELEBRACIÓN DE NADAL

O vindeiro 21 de decembro visitaranos KID´S &US no Auditorio de Ribadumia,  con un conto superdivertido.

Animamos á comunidade escolar a participar dende as 11:30 nas actividades programadas neste día.


20 dic 2014

FESTA DE NADAL NO CRA DE RIBADUMIA

A prensa de hoxe resume o que deu de si a festa de Nadal do noso CRA: xogos, contos, actuacións, a visita do Apalpador e as panxoliñas da Escola de Música de Ribadumia fixeron da mañá de onte unha festa na que participou toda a comunidade educativa. Bo Nadal a todos, feliz ano 2015 e vémonos no cole o 8 de xaneiro. Non esquezades pedir un conto na vosa carta aos Reis!!

Diario de Arousa
Faro de Vigo

Xornal Galiciasur Pontevedra

2 dic 2014

NADALARTE, ACTIVIDADES INFANTÍS PARA O NADAL NO MUSEO DE PONTEVEDRA



RESERVADE CANTO ANTES SE QUEREDES IR COS VOSOS FILLOS E FILLAS!!

Con motivo das vacacións escolares de Nadal, o Gabinete Didáctico do Museo organiza o programa Nadalarte 2014, no que se propoñen dúas actividades para nenas e nenos.
OBRADOIRO CREATIVO DE ADORNOS DE NADAL
Nesta actividade, que ten unha duración de dúas horas, ademais da parte de manipulación e creación os participantes farán unha visita guiada á exposición Historia do xoguete español e realizarán o xogo Buscando os xoguetes na pintura.
Os nenos e as nenas que desexen participar teñen que escoller entre as seguintes datas:
22, 23 e 26 de decembro de 2014: nenos/as de 5 a 8 anos.
29, 30 de decembro e 2 de xaneiro de 2015: nenos/as de 9 a 12 anos.
Sexto Edificio de 11 a 13 h.
15 participantes por quenda.
É necesaria inscrición previa, chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es
CONTOS INFANTÍS A PIANO
Trátase dun espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantilUnha semana do pequeno elfo Cerra - Ollo de Hans Christian Andersen.
Nel o dúo de piano a catro mans Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo a versión deste conto realizado polo francés Florent Schmitt ó tempo que se proxectarán as imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña. A narradora Iciar Borges irá relatando cada unha das escenas que a música describe.
A duración será duns 45 minutos.
Domingo 21 de decembro
Sexto Edificio ás 18:00 h.
Entrada libre ata completar aforo.


23 dic 2013

FESTA DE NADAL

O venres, 20 de decembro, celebramos a festa de Nadal. Ese día, os alumnos de todas as aulas do CRA xuntáronse en Leiro e participaron en diversos talleres: de contacontos de Nadal, xogos tradicionais, creación de postais de Nadal, decoración de regalos de papel para adornar no mural elaborado para esta festa e visionado de panxoliñas e pequenos contos destas datas.
Despois merendamos todos xuntos os doces e tortas que as familias prepararon nas casas para esta ocasión. 
Houbo quen trouxo cousas tan elaboradas que ata daba mágoa comelas…



Como nas aulas están realizando un proxecto sobre Xapón, recibimos a visita de Alberto, o tío de Uxía, que nos fixo unha exhibición de Karate. Dende aquí queremos darlle as grazas por vir para facernos unha demostración desta arte marcial tradicional deste país.
A continuación cada aula fixo unha pequena representación e, para rematar a festa chegou ao noso colexio o Apalpador que veu dende o Courel para recoller as cartas dos nosos alumnos, apalparlles as barriguiñas e darlles chocolates.



Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

Non queremos acabar sen antes desexar, a toda a comunidade escolar, que teñades un…

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

19 dic 2011

ATENEA VIEITES LUNA GAÑADORA

Outra vez estamos de celebración no CRA de Ribadumia, a nosa alumna Atenea da Escola de Ribadumia, da clase de 3 anos resultou gañadora do concurso de postais de Nadal organizado polo Concello de Ribadumia.
Foi a escollida para felicitar o Nadal a todos os veciños e veciñas.
Parabén para ela e para toda a súa familia e... FELICES FESTAS!!!




14 dic 2011

Visitamos o Belén de "Chuco"

Un ano máis non podiamos faltar a nosa cita co veciño de Ribadumia "Chuco", que abriunos de novo as portas da súa casa para poder admirar o seu belén. Igual que os nenos do CRA, o belén medrou e este ano, e era aínda máis grande que o ano pasado. Non faltaba de nada: a Virxe María movendo o berce do Neno Xesús, homes pescando, raposos roubando galiñas, exércitos de romanos... en unha palabra ¡espetacular!

A nosa chegada estaba a alcaldesa de Ribadumia, á que queremos agradecerlle a súa colaboración á hora de poñer a nosa disposición os autobuses para realizar a visita, e tamén as cámaras da televisión que entrevistaron aos nenos e nenas.
Se queredes ver todas as fotos clicade AQUÍ.
Gracias a Chuco e a súa muller e... ¡O ano que ven repetimos!