Mostrando entradas con la etiqueta COLE DE LOIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COLE DE LOIS. Mostrar todas las entradas

30 mar 2017

SAÍDA A ILLA DE AROUSA

Onte, mércores 29 de marzo, realizamos unha saída. Esta excursión puidemos facela grazas ao “o sabor da aventura está no mar”, que e un programa proposto pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos do mar de Galicia entre os/as nenos/as da comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.
Esta vez, invitáronnos a Illa de Arousa é fixemos un percorrido dende o porto á zona de marisqueo.
No porto, ensináronnos os tipos de embarcacións de pesca e as redes que se utilizan.


Na lonxa, vimos os distintos tipos de ameixa que hai, como se etiquetan os produtos pesqueiros e participaron nunha poxa ficticia. Tamén vimos sacos de algas que ían levar en camións para facer receitas con elas.


A continuación, puxemos as botas de auga e fomos a praia para acompañar as mariscadoras no seu ía de traballo.  Deixáronnos utilizar as súas ferramentas para intentar atopar ameixas e os/as nenos/as tamén buscaron cunchas, cangrexos…




Despois tivemos unha merenda mariñeira, na que degustamos albóndegas, estrelas de bonito e brochetas de froitas.



Para rematar, sortearon unhas camisetas entre os/as alumnos/as.


Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.

26 jun 2015

GOLFIÑO, A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO

O día da festa de fin de curso, os nosos alumnos levaron a palabra galega que resultou gañadora despois de que votaran familias e mestres entre todas as que saíran elixidas.
Para que lembraran esta actividade, entregámola impresa nunha chapa.



12 jun 2015

A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO É…

Xa votaron as nosas familias, e tamén os mestres, a palabra máis fermosa entre todas as que saíran elixidas.
As finalistas foron: Agarimo, xato, aloumiño, bico, axóuxere, xoaniña, compañeiros e bolboreta.

A gañadora é…GOLFIÑO con 5 votos

Agora estamos preparando unha sorpresa, para que todos os nosos alumnos poidan levala e lembrarse desta actividades na que participaron todos os membros da nosa comunidade educativa.

8 jun 2015

¿CAL É A MÁIS FERMOSA?

Estas son as palabras máis fermosas do galego para as familias dos nenos e nenas do CRA de Ribadumia.


Agora toca votar. Hoxe cada neno levou unha folla con todas estas palabras.  Teñen ata o mércores para rodear a súa favorita. Lembrade que soamente podedes escoller unha. Os que prefiran facelo  a través desta páxina, poden enviar un comentario coa súa elección.  

25 mar 2015

CANTAS PALABRAS EN GALEGO!

Os cadernos para elixir as “palabras máis fermosas do galego“ xa están percorrendo as casa das nosas familias e, no noso mural xa puxemos moitas: aperta, bolboreta, cóxegas, agasallo, parrulos, bico, sorriso, aloumiño, irmáns, pomba, doce, ledicia, anduriña, carballo, xiada…
Aquí tedes algunhas delas…













Despois de traelas das casas, cada neno escribe nunha folla a súa para poñela no mural...



24 feb 2015

AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS DO GALEGO

Hoxe, 24 de febreiro de 2015, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Nas aulas do CRA de Ribadumia, vamos realizar diversas actividades para celebrar que fai 178 anos que naceu esta poetisa galega.
Rosalía foi a escritora que abriu o camiño para a dignificación da lingua galega e recuperou o seu valor literario.

Por iso, no CRA de Ribadumia,  queremos facerlle unha homenaxe poñendo en marcha un caderno viaxeiro a través do que imos recoller “As palabras máis fermosas do galego“.


Haberá 5 cadernos viaxeiros, un por aula, que percorreran as casas dos nosos alumnos e nos que atoparemos:
Unha explicación de en que consiste esta actividade.


Unha folla na que, entre todos os membros de cada familias, escollerán cal é a palabra galega que máis lles gusta, que máis lles transmite, máis curiosa…, e axudaran ao seu fillo/a a escribila e a que debaixo dela pegue unha foto ou faga un debuxo relacionado con ela.

Unha vez que todos elixan a súa palabra, realizaremos un mural con todas para conmemorar O día das letras galegas.

E para vós, cal é a máis fermosa?...
Animádevos a enviar un comentario coa vosa elección.

29 jun 2014

FESTA FIN DE CURSO 2013-14

Para comezar a festa, dividimos aos nenos en grupos que foron rotando por colchóns inchables e un circuíto de psicomotricidades.
Despois merendamos riquísimos doces e tortas que as familias prepararon nas casas.
Cada aula fixo unha actuación:
-  Cantaron cancións como: “ bamba divertida “, “ o osiño polar “…
-  Representaron obras como:  “ O gato lambón “, “ a ratiña presumida “…
As mestras cantáronlle a profe Janet, que o vindeiro curso xa vai estar noutro colexio. Todos desexamos que lle vaia moi ben e, dende o noso blog, mandámoslle  ¡moitos bicoooos!.

Para rematar a festa, entregamos as orlas aos alumnos que rematan a súa etapa de educación infantil noso centro.


Máis fotos neste ENLACE.
BO VERÁN A TODOS!

OS NOSOS ALUMNOS DE 6º DE ED. INFANTIL

Estes son os alumnos que rematan Infantil no noso colexio…



A todos eles desexámoslle que lles vaia moi ben na súa nova etapa na Educación Primaria.


MOITOS BICOS PARA ELES E AS SÚAS FAMILIAS!

19 jun 2014

UN CONCERTO NAS NOSAS ESCOLAS!

O mércores 11 de xuño, a Escola Municipal de Música de Ribadumia visitou as nosas escolas para dar un concerto didáctico en cada unha delas.
Contáronnos un conto, amosáronnos os seus instrumentos e cantamos e bailamos con eles.
Para mestres e nenos foi unha experiencia marabillosa e desexamos volver a repetila para o vindeiro curso 2014-15. 


A todos os músicos que conforman está banda queremos dicirlles:

MOITAS GRAZAAAAS!

CONVIVENCIA 2014

Para que os nosos alumnos de 6º de Ed. Infantil coñezan como é un “cole de maiores “, realizamos unha convivencia no CPI Julia Becerra Malvar cos seus nenos destas mesmas idades.
Así transcorreu a mañá:
-   Colleron o autobús, xunto cos mestres, na parada máis próxima ás escolas.
-  Realizaron xogos de presentación cos nenos que, ao igual que os nosos, rematan a etapa de Educación Infantil.
-    Realizaron actividades nas aulas de: música, inglés, Educación Física, primaria, biblioteca…
-    Merendaron todos xuntos.
-    Estiveron no recreo con todos os alumnos do CPI Julia Becerra Malvar.
Para rematar esta experiencia volveron a subir nos autobuses escolares para regresar ás escolas.


Máis fotos AQUÍ. 


5 jun 2014

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO


O mércores 5 de xuño, realizamos a excursión deste curso 2013-14.
“A Casa do Queixo “, situada na parroquia de Grixalba no concello de Sobrado dos Montes, foi o destino elixido.
Cando chegamos, os monitores dividiron a os nenos en cinco grupos que foron rotando por diferentes obradoiros. Durante a maña realizaron tres e pola tarde dous.
Estes foron os talleres:
Taller de animais. Visitaron a granxa-zoo e puideron ver diversos animais (cabalos, avestruz, ovellas…), explicáronlles algunhas das súas caracteristicas…  
 
Taller cereais. Traballaron os seus nomes, observaron as súas forma, cores…















Taller de la. Onde aprenderon os procesos que sofre a la.















Taller de xogos tradicionais.



Taller do queixo. Puideron observar como é o proceso de transformación do leite en queixo, colaborando na súa elaboración segundo o método tradicional.



Antes de levar a cabo os obradoiros da tarde, xantaron todos xuntos macarróns con salsa de tomate, salchichas con patacas…


Ao rematar todas as actividades, e antes de subir aos autobuses, merendaron galletas de chocolate.


Se queredes ver máis fotos AQUÍ.

11 may 2014

MAIOS 2014

Este venres, día 9 de maio, celebramos a festa dos maios.
Ao longo da mañá os nenos estiveron rotando por talleres nos que:

-       Confeccionaron colares de flores.
 




 
-       Fixeron fermosas coroas de flores de cartolina.
 





 
-       Escoitaron contos relacionados coa primavera: “a eiruga larpeira”, “Pétala”, “Rita”…





-       Viron vídeos dos bailes de: “A Carrasquiña”, “O Pirimpinpín”…
 
Á hora da merenda, degustamos riquísimas tortas e doces que as familias prepararon nas casas.

 
E, para rematar a mañá, tivemos a visita do grupo Alecrín (ao que temos que dar as grazas por vir a nosa festa) cós que cantamos cancións como: “O Pirimpimpín”, “A Carrasquiña”, “A saia da Carolina” “A Rianxeira “ e, por suposto, a nosa canción dos maios.
 







Se queredes ver máis fotos AQUÍ.