Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2014-15. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2014-15. Mostrar todas las entradas

26 jun 2015

GOLFIÑO, A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO

O día da festa de fin de curso, os nosos alumnos levaron a palabra galega que resultou gañadora despois de que votaran familias e mestres entre todas as que saíran elixidas.
Para que lembraran esta actividade, entregámola impresa nunha chapa.



12 jun 2015

A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO É…

Xa votaron as nosas familias, e tamén os mestres, a palabra máis fermosa entre todas as que saíran elixidas.
As finalistas foron: Agarimo, xato, aloumiño, bico, axóuxere, xoaniña, compañeiros e bolboreta.

A gañadora é…GOLFIÑO con 5 votos

Agora estamos preparando unha sorpresa, para que todos os nosos alumnos poidan levala e lembrarse desta actividades na que participaron todos os membros da nosa comunidade educativa.

8 jun 2015

¿CAL É A MÁIS FERMOSA?

Estas son as palabras máis fermosas do galego para as familias dos nenos e nenas do CRA de Ribadumia.


Agora toca votar. Hoxe cada neno levou unha folla con todas estas palabras.  Teñen ata o mércores para rodear a súa favorita. Lembrade que soamente podedes escoller unha. Os que prefiran facelo  a través desta páxina, poden enviar un comentario coa súa elección.  

25 mar 2015

CANTAS PALABRAS EN GALEGO!

Os cadernos para elixir as “palabras máis fermosas do galego“ xa están percorrendo as casa das nosas familias e, no noso mural xa puxemos moitas: aperta, bolboreta, cóxegas, agasallo, parrulos, bico, sorriso, aloumiño, irmáns, pomba, doce, ledicia, anduriña, carballo, xiada…
Aquí tedes algunhas delas…













Despois de traelas das casas, cada neno escribe nunha folla a súa para poñela no mural...



24 feb 2015

AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS DO GALEGO

Hoxe, 24 de febreiro de 2015, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Nas aulas do CRA de Ribadumia, vamos realizar diversas actividades para celebrar que fai 178 anos que naceu esta poetisa galega.
Rosalía foi a escritora que abriu o camiño para a dignificación da lingua galega e recuperou o seu valor literario.

Por iso, no CRA de Ribadumia,  queremos facerlle unha homenaxe poñendo en marcha un caderno viaxeiro a través do que imos recoller “As palabras máis fermosas do galego“.


Haberá 5 cadernos viaxeiros, un por aula, que percorreran as casas dos nosos alumnos e nos que atoparemos:
Unha explicación de en que consiste esta actividade.


Unha folla na que, entre todos os membros de cada familias, escollerán cal é a palabra galega que máis lles gusta, que máis lles transmite, máis curiosa…, e axudaran ao seu fillo/a a escribila e a que debaixo dela pegue unha foto ou faga un debuxo relacionado con ela.

Unha vez que todos elixan a súa palabra, realizaremos un mural con todas para conmemorar O día das letras galegas.

E para vós, cal é a máis fermosa?...
Animádevos a enviar un comentario coa vosa elección.

20 dic 2014

FESTA DE NADAL NO CRA DE RIBADUMIA

A prensa de hoxe resume o que deu de si a festa de Nadal do noso CRA: xogos, contos, actuacións, a visita do Apalpador e as panxoliñas da Escola de Música de Ribadumia fixeron da mañá de onte unha festa na que participou toda a comunidade educativa. Bo Nadal a todos, feliz ano 2015 e vémonos no cole o 8 de xaneiro. Non esquezades pedir un conto na vosa carta aos Reis!!

Diario de Arousa
Faro de Vigo

Xornal Galiciasur Pontevedra

2 dic 2014

NADALARTE, ACTIVIDADES INFANTÍS PARA O NADAL NO MUSEO DE PONTEVEDRA



RESERVADE CANTO ANTES SE QUEREDES IR COS VOSOS FILLOS E FILLAS!!

Con motivo das vacacións escolares de Nadal, o Gabinete Didáctico do Museo organiza o programa Nadalarte 2014, no que se propoñen dúas actividades para nenas e nenos.
OBRADOIRO CREATIVO DE ADORNOS DE NADAL
Nesta actividade, que ten unha duración de dúas horas, ademais da parte de manipulación e creación os participantes farán unha visita guiada á exposición Historia do xoguete español e realizarán o xogo Buscando os xoguetes na pintura.
Os nenos e as nenas que desexen participar teñen que escoller entre as seguintes datas:
22, 23 e 26 de decembro de 2014: nenos/as de 5 a 8 anos.
29, 30 de decembro e 2 de xaneiro de 2015: nenos/as de 9 a 12 anos.
Sexto Edificio de 11 a 13 h.
15 participantes por quenda.
É necesaria inscrición previa, chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es
CONTOS INFANTÍS A PIANO
Trátase dun espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantilUnha semana do pequeno elfo Cerra - Ollo de Hans Christian Andersen.
Nel o dúo de piano a catro mans Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo a versión deste conto realizado polo francés Florent Schmitt ó tempo que se proxectarán as imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña. A narradora Iciar Borges irá relatando cada unha das escenas que a música describe.
A duración será duns 45 minutos.
Domingo 21 de decembro
Sexto Edificio ás 18:00 h.
Entrada libre ata completar aforo.


29 nov 2014

CULTURGAL 2014


Música, libros, tecnoloxía, audiovisual, infantil, artes escénicas, gastrocultura...conforman a axenda da Feira das Industrias Culturais que se celebrará do 5 ao 7 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra (se tedes dúbidas de como chegar, picade aquí) Un espazo de encontro e de proxección das novas iniciativas do sector cultural galego ao longo de tres xornadas de actividades para coñecer e compartir novos proxectos. Deixámosvos o resumo da programación do Espazo infantil pero podedes descargar o mapa e o programa de actividades completo neste enlace. Non deixedes de visitala!! Ademais, se ides en tren, Culturgal ten un convenio de colaboración con RENFE e podedes beneficiarvos dun 30% de desconto no billete (informádevos aquí)







8 jul 2014

REUNIÓN COMEZO DE CURSO

As reunións de comezos de curso realizaranse nas distintas escolas o día 9 de Setembro ás 10:30 da mañá.

BO VERÁN!!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014- 2015

A lista de libros de texto para cada escola é a seguinte:

AULA DE LEIRO
  • Non  teñen que mercar ningún libro
AULA DE LOIS 
  • 3 ANOS
    • Daniel y los Diversónicos (1º  trimestre). Edit. EVEREST. 
              ISBN 978-84-441-7440-2
  • 4 ANOS
    • Daniel y los Diversónicos (1º  trimestre). Edit. EVEREST.
    • ISBN 978-84-441-7450-1
    • LA ISLAS DE LAS LETRAS. ESCRIBO 2. Edit. EVEREST. ISBN 978-84-441-7615-4
  • 5 ANOS
    • LA ISLAS DE LAS LETRAS. ESCRIBO 3. Edit. EVEREST. ISBN 978-84-441-7616-1
    • LA ISLAS DE LAS LETRAS. ESCRIBO 4. Edit. EVEREST. ISBN 978-84-441-7617-8
    • LA ISLAS DE LAS LETRAS. ESCRIBO 5. Edit. EVEREST. ISBN 978-84-441-7618-5
AULA DE SISÁN 
  • 3 ANOS
    • Daniel y los Diversónicos (1º  trimestre). Edit. EVEREST.     ISBN 978-84-441-7440-2
    • A aventura dos números Nº 1 Edit. EVEREST.                        ISBN 978-84-403-1240-2
  • 4 ANOS
    • Daniel y los Diversónicos (1º trimestre). Edit. EVEREST.              ISBN 978-84-441-7450-1
    • A aventura dos números Nº 2 Edit. EVEREST.                        ISBN 978-84-403-1241-9
    • A aventura dos números Nº 3 Edit. EVEREST.                         ISBN 978-84-403-1242-6
  • 5 ANOS
    • LA ISLAS DE LAS LETRAS. ESCRIBO 3. Edit. EVEREST. ISBN 978-84-441-7616-1
    • LA ISLAS DE LAS LETRAS. ESCRIBO 4. Edit. EVEREST. ISBN 978-84-441-7617-8
    • LA ISLAS DE LAS LETRAS. ESCRIBO 5. Edit. EVEREST. ISBN 978-84-441-7618-5
    • A aventura dos números Nº 3 Edit. EVEREST.                         ISBN 978-84-403-1242-6
    • A aventura dos números Nº4 Edit. EVEREST.                         ISBN 978-84-403-1243-3

AULAS DE RIBADUMIA 3, 4 E 5 ANOS
  • 3 ANOS
               Matemáticas 1. Edit. Anaya.ISBN 978-84-678-1588-7
  • 4 ANOS
    • Matemáticas 2. Edit. Anaya.ISBN 978-84-678-1589-4
  • 5 ANOS
    • Matemáticas 3. Edit. Anaya.ISBN 978-84-678-1590-0